www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1120
enviado por charinho hai 501 dias 17 horas 13 minutos, publicado hai 501 dias 15 horas 15 minutos
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta mañá na Coruña, “un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral”. Segundo relatou o presidente da asociación, Carlos Callón, un xefe de sección do centro comercial Carrefour situado na avenida de Alfonso Molina recriminou a unha empregada por dirixirse aos clientes en galego. Segundo a Mesa, “Burra, no hables lenguas menores” foron as palabras que dedicou á traballadora.
comentarios
Fonte orixinal:
www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1120
Incrible. E disto que opinarán os de Galicia Bilingüe??
Que miren tamén na cadea de supermercados Moldes, hai un ano comentaronme un par de casos mais cóido que ainda non houbo denuncias.
Quero saber eu o nome dese supemercado. Alguén lembra o resultado da acampaña contra telepizza hai máis dunha decada nun caso similar?
E mira que cando estudiei eu falaban do autoodio como algo en extinción! Canto dano fixo Pacu Vázquez e o seu antecesor de Ferrol, Bahamonde!
...eu coñezo unha rapaza que fai prácticas en Blu:Sens atendendo o teléfono de información do consumidor (?) e polo visto dinlles que teñen que falar sempre español, chamen de onde chamen, e falen no que falen (é estatal, xa, pero cando chama unha señora de por exemplo Lugo falando en gaego e preguntando dúbidas por un chismiño que lle mercou ao neto... non ten sentido)
E xa que estou aquí edito a fonte orixinal: dándolle caña ao rexistro de eventos.
)
(intentei engadir tamén a foto da Mesa, pero dáme erro...
#7 da erros porque a url da foto ten "caracteres extraños"
www.amesanl.org/fotos/coru%F1acarrefourweb.jpg
e a librería que uso para recoller as fotos e modificalas peta coas urls mal formadas...
Os de Galicia bilingüe opinarán o mesmo: que o galego é unha lingua menor. Ai que país...
se a nova é certa a solución é doada.
solicitar a demisión do tal encargado e como clientes boicotear o
centro Carrefour e facerllo saber á dirección".
Boicote! (se é certo)
Eu teño sorte, que inda non tiven ningún problema deses
En Compostela fálanche galego no Carrefour, no Gadis, no Día e en todas partes en xeral.
Por certo, que é sintomático que na nova da Voz omitan o nome do centro comercial.