A Mesa denuncia que no Carrefour da Coruña non deixan falar galego aos empregados

 
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta mañá na Coruña, “un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral”. Segundo relatou o presidente da asociación, Carlos Callón, un xefe de sección do centro comercial Carrefour situado na avenida de Alfonso Molina recriminou a unha empregada por dirixirse aos clientes en galego. Segundo a Mesa, “Burra, no hables lenguas menores” foron as palabras que dedicou á traballadora.
12 comentariosen lingua
tags: mesa, coruña, carrefour, galego karma: 359.00
votos de usuarios: 63, votos anónimos: 42

comentarios

  1. votos: 4, karma: 78
    escrito por Kiko_das_leiras hai 288 dias 14 horas 42 minutosKiko_das_leiras
  2. #2   

    Incrible. E disto que opinarán os de Galicia Bilingüe??

    votos: 1, karma: 14
    escrito por xindilo hai 288 dias 14 horas 28 minutosxindilo
  3. #3   

    Que miren tamén na cadea de supermercados Moldes, hai un ano comentaronme un par de casos mais cóido que ainda non houbo denuncias.

    votos: 0, karma: 16
    escrito por Garrano hai 288 dias 12 horas 55 minutosGarrano
  4. #4   

    Quero saber eu o nome dese supemercado. Alguén lembra o resultado da acampaña contra telepizza hai máis dunha decada nun caso similar?

    votos: 1, karma: 22
    escrito por Garrano hai 288 dias 12 horas 52 minutosGarrano
  5. #5   

    E mira que cando estudiei eu falaban do autoodio como algo en extinción! Canto dano fixo Pacu Vázquez e o seu antecesor de Ferrol, Bahamonde! :roll:

    votos: 0, karma: 6
    escrito por Ander998 hai 288 dias 10 horas 15 minutosAnder998
  6. #6   

    ...eu coñezo unha rapaza que fai prácticas en Blu:Sens atendendo o teléfono de información do consumidor (?) e polo visto dinlles que teñen que falar sempre español, chamen de onde chamen, e falen no que falen (é estatal, xa, pero cando chama unha señora de por exemplo Lugo falando en gaego e preguntando dúbidas por un chismiño que lle mercou ao neto... non ten sentido)

    votos: 2, karma: 42
    escrito por Toxo hai 288 dias 10 horas 9 minutosToxo
  7. #7   

    E xa que estou aquí edito a fonte orixinal: dándolle caña ao rexistro de eventos.

    (intentei engadir tamén a foto da Mesa, pero dáme erro... :-S )

    votos: 0, karma: 14
    escrito por Toxo hai 288 dias 10 horas 5 minutosToxo
  8. #8   

    #7 da erros porque a url da foto ten "caracteres extraños"

    www.amesanl.org/fotos/coru%F1acarrefourweb.jpg

    e a librería que uso para recoller as fotos e modificalas peta coas urls mal formadas...

    votos: 0, karma: 12
    escrito por berto hai 288 dias 10 horas 3 minutosberto
  9. #9   

    Os de Galicia bilingüe opinarán o mesmo: que o galego é unha lingua menor. Ai que país...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por kate hai 288 dias 8 horas 40 minutoskate
  10. #10   

    se a nova é certa a solución é doada.
    solicitar a demisión do tal encargado e como clientes boicotear o
    centro Carrefour e facerllo saber á dirección".
    Boicote! (se é certo)

    votos: 0, karma: 7
    escrito por pazo hai 288 dias 8 horas 17 minutospazo
  11. #11   

    Eu teño sorte, que inda non tiven ningún problema deses :-)

    votos: 0, karma: 10
    escrito por ifrit hai 288 dias 8 horas 3 minutosifrit
  12. #12   

    En Compostela fálanche galego no Carrefour, no Gadis, no Día e en todas partes en xeral.

    Por certo, que é sintomático que na nova da Voz omitan o nome do centro comercial.

    votos: 2, karma: 8
    escrito por Modesto hai 287 dias 10 horas 25 minutosModesto

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]