A Justiça Espanhola ordena a retirada do último número da revista de humor ''El Jueves''

Para que nom esquezamos que nom vivimos numha democracia: O Juiz del Olmo ordena que se retire o último número da publicaçom humorística "El Jueves" pola sua portada, considerada "irreverente".
35 comentariosen última hora
tags: monarquia, espanha, censura, jueves karma: 330.00
votos de usuarios: 66, votos anónimos: 52

comentarios

  1. #1   

    Tamén ordenará o señor xuíz a retirada da imaxe desa portada de todos os medios que a reproducen (neste caso, 20.minutos.es)?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 535 dias 21 horas 38 minutosmourullo
  2. #2   

    O servidor de El jueves já petou:
    eljueves.es/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 535 dias 21 horas 32 minutosFer
  3. #3   

    #1 e que a retiren de todo internet tamén?, porque esa imaxe leva días movéndose por todos lados.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 535 dias 21 horas 29 minutosascarida
  4. #4   

    #2: estaba claro o que ía pasar, para todos menos para o xuíz e os fiscais, supoño. Isto si que é un efecto chamada, e non o dos inmigrantes. Paréceme a min que ese número vai batir record de ventas antes de que o dean retirado.

    A estas alturas da vida e tentando aínda poñerlle portas ao mar.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pelexo hai 535 dias 21 horas 27 minutospelexo
  5. #5   

    Home eu lembro algunhas portadas de El Jueves inxustamente retiradas nos 90, algunha instada polo fiscal Gordillo, pero esta aínda que divertida é un pouco cañera. Ao marxe de que sexa a Familia Real e o tradicional tabú, creo que tamén quitarían unha de Zapatero facéndolle unha mamada a Polanco, ou de Imaz sodomizando a Ibarretxe ou unha cama redonda do tripartito catalán (todo tan explícito coma a imaxe de marras) Eso non quita que eu crea que a monarquía é unha institución inútil e a extinguir.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susorubio hai 535 dias 21 horas 5 minutossusorubio
  6. #6   

    #5 Óscar Nebreda, editor de El Jueves, acaba de confirmar na Cadena SER que, en 30 anos de existencia, é a primeira vez que secuestran un número da revista.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 535 dias 20 horas 48 minutosmourullo
  7. #7   

    É genial, o único que vam conseguir é que a imagem seja reproduzida ou descrita nos meios de mais difusom e chegue a pessoas que nunca leriam El Jueves. Del Olmo, eres un cachondo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por postscriptum hai 535 dias 20 horas 42 minutospostscriptum
  8. #8   

    #6 Lembro que despois dun accidente de esquí do monarca titularon algo así como "Los cojones del Rey en buen estado" iniciouse un proceso, ata llo escoitei nunha conferencia ao propio Gordillo...non sei ao mellor foi desestimado...dende logo era un titular moi inocente

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susorubio hai 535 dias 20 horas 40 minutossusorubio
  9. #9   

    Aparte de ser unha medida estúpida e reprobable, se o que pretendían eses paladíns da pureza de España era preserva-la "dignidade" da Monarquía, secuestra-la publicación é, a todas luces, contraproducente.

    Se non fixeran nada, sería outra portada de El Jueves, e non das máis fortes. O que acaban de conseguir é poñe-la en boca de todo o mundo: a Audiencia Nacional ven de facerlle á revista a mellor campaña de publicidade imaxinable.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Julicheiro hai 535 dias 20 horas 40 minutosJulicheiro
  10. votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 535 dias 20 horas 37 minutosmourullo
  11. #11   

    Vai sendo hora dunha revolución...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por anxo hai 535 dias 20 horas 31 minutosanxo
  12. votos: 0, karma: 0
    escrito por amieiro hai 535 dias 19 horas 56 minutosamieiro
  13. #13   

    El juez ha pedido que se destruya su molde para que no se pueda volver a reproducir.

    en que ano vivíamos?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 535 dias 19 horas 52 minutosberto
  14. #14   

    #13 non cuestiones moito o tema non sexa que decidan cortarlle as mans ó debuxante.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por anxo hai 535 dias 19 horas 48 minutosanxo
  15. #15   

    #13 e #14 "¿Que van a retirar los moldes? ¡Pero si hace años que eso ya no existe! ¡Lo mejor es que me corten la mano derecha!". Así comentaba sorprendido el dibujante Guillermo a elmundo.es la noticia de que el juez Del Olmo ha ordenado retirar de los quioscos el último número de 'El Jueves' por una viñeta suya en la que aparecen los Príncipes de Asturias en una actitud "claramente denigrante y objetivamente infamante", según el auto judicial.
    www.elmundo.es/elmundo/2007/07/20/espana/1184943711.html

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 535 dias 19 horas 38 minutosmourullo
  16. #16   

    Assim se explica que Espanha esteja no posto 42 do ranking sobre liberdade de expressom de Repórteres sem Fronteiras, entre El Salvador e China.

    en.wikipedia.org/wiki/Reporters_Without_Borders#Worldwide_press_freedox

    votos: 0, karma: 0
    escrito por postscriptum hai 535 dias 19 horas 36 minutospostscriptum
  17. #17   

    #16 Ese ranking quedou vello xa. Ou Top 10 ou nada!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 535 dias 19 horas 34 minutosmourullo
  18. #18   

    #15 O posto está entre Salvador e a REPÚBLICA de China (ou sexa, Taiwan); en todo caso bastante baixo... coma di o dito ¡Menos mal que nos queda Portugal! (Que é unha república)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por anxo hai 535 dias 19 horas 22 minutosanxo
  19. #19   

    #18 Ops, tens razom. Por certo, Portugal está no número 10.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por postscriptum hai 535 dias 19 horas 18 minutospostscriptum
  20. #20   

    Cagoná!!!! onde se pode condeguir esa portada????
    Seica desapareceu????

    votos: 0, karma: 0
    escrito por rufus hai 535 dias 18 horas 53 minutosrufus
  21. #21   

    #20 De momento, aquí a tes www.eljueves.es/index_files/1573.png (vai un pouco lenta porque eljueves.es está a punto de petar)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por OXirarei hai 535 dias 18 horas 21 minutosOXirarei
  22. #22   

    Ejpanha, terra de contrastes xD xD xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 535 dias 17 horas 35 minutosKiko_das_leiras
  23. #23   

    DOnt Forget MITROFAN chuza.org/?search=mitrofan :-D:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 535 dias 17 horas 34 minutosKiko_das_leiras
  24. #24   

    karma 330! noraboa Fer

    votos: 0, karma: 0
    escrito por nemtele hai 535 dias 17 horas 32 minutosnemtele
  25. #25   

    #20 Nom te preocupes que a guardo eu bem guardadinha ;).

    E senom www.spreadshirt.net/shop.php?op=article1 (a ver o que dura... e que nom me levem preso) :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por choutos hai 535 dias 17 horas 21 minutoschoutos
  26. votos: 0, karma: 0
    escrito por choutos hai 535 dias 17 horas 10 minutoschoutos
  27. #27   

    Novas así súbenche a moral e o karma... por certo, onde se pode mercar na Coruña.. odio que me censuren algo. Espero que a vindeira portada sexa directamente insultante a esa panda de chuchamonas que cobran bastante máis por fillo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por spider hai 535 dias 16 horas 39 minutosspider
  28. votos: 0, karma: 0
    escrito por arinspunk hai 535 dias 13 horas 56 minutosarinspunk
  29. #29   

    Aúpa Monteys! (grande, dende que facía Tío Trasgo...)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xurxo hai 535 dias 13 horas 45 minutosxurxo
  30. #30   

    Resposta impecable do El Jueves antes de que lles pechen a web na relacionada
    chuza.org/historia/resposta-de-el-jueves-antes-de-que-lles-pechen-a-web

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xurxo hai 535 dias 13 horas 43 minutosxurxo
  31. #31   

    Portada denigrante? Pero no debuxo están unhas caricaturas de Felipe de Borbón e Leti fodendo!. Pode haber cousa máis bonita?....Vaaale. Non dixen nada :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pingheiras hai 535 dias 12 horas 16 minutospingheiras
  32. votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 535 dias 1 hora 11 minutosKiko_das_leiras
  33. #33   

    Toda a revista fotografada en PDF: rapidshare.com/files/44177301/El_Jueves.pdf.html

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 534 dias 20 horas 31 minutossuevo
  34. votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 534 dias 16 horas 19 minutosFer
  35. #35   

    chuza.org/topstories.php?range=4
    El Jueves a umha chuzada das tetas de AMR

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 534 dias 14 horas 47 minutosFer

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]