www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008032500_10_210463__ECO...
enviado por Percheron hai 43 dias 16 minutos, publicado hai 42 dias 18 horas 16 minutos
Segundo un informe publicado por Tecnocom en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galiza (AEIG) a industria galega das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) enfrontase a un serio hándicap: a demanda de traballadores dobra a oferta que existe. A falta de profesionais informáticos provoca que cada ano queden sen cubrir uns 400 postos de traballo en Galiza.
comentarios
Cachondos! O que os deixa sen cubrir son os soldos de merda que pagan.
Do que non falan no informe Tecnocom e a AEIG é da precariedade que domina a maioria das ofertas laborais no sector da informática, o cal seguramente sexa a principal causa de que non se cubran esas prazas. Non se poden andar queixando cando ofertan traballos para enxeñeiros e técnicos con experiencia a 800€/mes.
Nos comentarios da nova no Faro podense atopar máis opinións que explican o porqué de esta situación.
A mesma merda, pero en Asturies:
www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008032400_45_619887__ECONOMIA-sector-tecnologico-regional-encuentra-informaticos-para-cubrir-empleos
Con 375 cometarios de xente indignada polos mesmos motivos.
Coido que iso dos 400 empregos sae de restar 430 titulados/anos ás 751 ofertas de traballo en Galicia, o que a todas luces é unha animalada por varios motivos:
1- por aproximación deberían dicir 300 empregos e non 400
2- no mercado laborar non están só os recén titulados (hai moita xente sen traballo)
3- as ofertas de traballo non son sempre reais (coñezo empresas que publican ofertas para aparentar que están incrementando o seu cadro de persoal)
Está clarísimo que a demanda de informáticos en Galicia é baixa e por iso hai que emigrar. A xente que coñezo, cando queda sen chollo tarda en atopar outra cousa, o que non se corresponde en absoluto coas afirmación do informe m...
» ver todo o comentario
empleo.barrapunto.com/article.pl?sid=08/03/24/1916236
Coma sempre o Faro de Vigo e o seu faro de mentiras.
xa, claro

Concordo #1 #2 e #6.
Nom sei no resto da Galiza mas em Ourense há informáticos (técnicos-programadores) que ganham 600€/mes por 40 horas semanais. Verídico.
E depois se preguntam porque seguimos a emigrar.
Este tipo de novas non son máis que publireportaxes en prensa para abrir o camiño a importacións de traballadores baratiños sen que a poboación diga nada. Non ho, é que teñen que traelos de Colombia porque aquí non hai... a realidade é que o que queren son escravos e non atopan abondo, de aí que os teñan que importar.
Hai uns meses fixeron unha ofensiva similar co sector naval. E a xente traga e diche con toda a naturalidade que como non hai mecánicos ou soldadores hai que traelos de Polonia.