galiciagastronomica.galiciae.com/nova/19797.html
enviado por carabuxa hai 62 dias 12 horas 24 minutos, publicado hai 61 dias 5 horas 15 minutos
Os sete principais "brand ambassadors" ou embaixadores de marca do whisky escocés 'The Macallan' visitan Galiza nun percorrido que os levará por todos os procesos que pasan as barricas de carballo galego, nas que se envellece o seu produto e que lle confiren as características que o fan figurar entre os mellores do mundo. Tan importante é a materia que o "embaixador de marca" español, Fernando Pando, asegurou que sen a madeira galega "non poderiamos facer o noso whisky por ser o carballo galego quen confire o aroma e o colorido".
comentarios
Que non se pase Fernando
Que alguén lles diga que tamén é galego o gaiteiro que máis premios leva acumulados dos patrocinados pola súa marca:
www.vieiros.com/nova/60217/edelmiro-fernandez-gana-o-mais-prestixioso-a
E por certo que o whisky ese está boísimo.
Eu prefiro o wiskey irlandês, triplo destilado
06.12.2006 "- ¿Levan a cabo algún tipo de acción de reforestación?
- A reforestación da árbore faise de forma natural. Cando cortamos un maduro, queda luz, espazo e comida para que poidan crecer os pequenos que hai abaixo."
George Spie www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=3567
As cubas que albergan ao malta máis caro do mundo están feitas con madeira de árbores que crecen entre Pedrafita e a Terra Chá. A firma The Macallan adquire uns 20.000 ao ano
www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=3566
Unha nación recoñecida vendendo un producto final, e outra por recoñecer vendéndolle unha materia prima(que se transforma en bocoi en Xerez)
Velai vai a nosa contribución á cultura mundial.
....Hai mais posibilidades (mais valor engadido) para o monte que producir pasta de celulosa a partir de eucaliptos ou trituración dos pinos para aglomerado.. A paisaxe e os solos tamén o agradecerán...