A desvergoña inmobiliaria; 700000 vivendas sin vender dende 2005

A desvergoña inmobiliaria; 700000 vivendas sin vender dende 2005
A suba de prezos da vivenda non respostou ó mercado real nen o valor da mesma pois dende 2005 veñen quedando vivendas sen vender; de xeito que agora alcanzan as 700000 ó tempo que as inmobiliarias aseguran que:""Hay desarrollos ···, por ejemplo, que sólo se venderán si bajamos los precios". Pobriños agora os das constructoras e inmobiliarias que non liscaron (perdón) 'diversificaron' a tempo... entre eles e os que se meteron de xeito particular a mercar para especular e que agora non dan vendidio ó prezo esperado: QUE OS COMAN.
5 comentariosen economía
tags: vivenda, especulación, hiperbeneficios karma: 213.45
votos de usuarios: 30, votos anónimos: 5

comentarios

  1. #1   

    O problema do sector inmobiliario non é tan sinxelo de analisar como para decir "malos, malos promotores que se jodan agora".

    Para empezar, o principal problema é a posibilidade de que particulares vendan eles mesmos as súas propiedades, sen nengún tipo de restricción ou control.

    Outro factor importante foi a especulación do solo, mercando barato e vendendo caro.

    Non podemos esquecer que ter un Euribor moi baixo tampoco axudou á contención dos prezos, pero sí á venda masiva.

    Pero o factor máis importante é que a clase política pasou do problema porque xeraba emprego (é falso que o fagan as promotoras, o fan as constructoras, que lles da igual traballar para elas como para o Estado ou cooperativas de vivendas) e financiaba campañas.

    Sonche cousas do "liberalismo". Agora hai quen pide incremento do prezo máximo para VPA e hai quen lle fai caso (Esperanza Aguirre) e quen non, de momento (Teresa Táboas).

    votos: 0, karma: 7
    escrito por xosemarcote hai 83 dias 20 horas 36 minutosxosemarcote
  2. #2   

    Non esquenzamos o blanqueo de cartos tanto os procedentes de tráficos ilegais nacionais e internacionais como os que estaban "baixo o colchón" e que tiveron que sair mercede ó €uro.

    ¿venda masiva? e logo de onde saen 700000 vivendas "sen vender" dende 2005?

    As administracions locais, cos parabens das autonomías e o goberno (sobor de todo o de 2000-2004) empregaron o chan como ferramenta financiadora sen a mais mínima planificación, non xa dos efectos de tanta vivenda no mercado senon nos seus propios e deficitarios servizos municipais.

    O euribor é un problema para quen verdadeiramente mercou a sua primeira vivenda a un prezo no límite que podía pagar e que agora non a po...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 17
    escrito por Kandpalleiro hai 83 dias 17 horas 46 minutosKandpalleiro
  3. #3   

    De que ámbito fala a nova, de Galiza, de Portugaliza, de Iberia, da Panxea? Esas cousas deberíanse especificar na chuzada :-/

    votos: 0, karma: 13
    escrito por maceirax hai 83 dias 8 horas 55 minutosmaceirax
  4. #4   

    Pola fonte o poderías deducir #3 mais trátase do estado español; o que dubido eu é si inclue pais vasco e navarra...

    votos: 0, karma: 17
    escrito por Kandpalleiro hai 83 dias 7 horas 51 minutosKandpalleiro
  5. #5   

    De direita a esquerda, cara três zeros ponham um ponto "." para ajudar à leitura. Desde logo acho que é mais legível 700.000 do que 700000 ;)

    votos: 1, karma: 26
    escrito por gerardinho2000 hai 82 dias 17 horas 25 minutosgerardinho2000

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]