A chuza anda revolta! (Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?)

Casdeiro logo de ficar "sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo)" pensa que "ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate: O funcionamento dos sistemas sociais de promoción de noticias (Chuza, Menéame, etc.)" así como "o modelo de financiamento publicitario de proxectos web".
11 comentariosen lercheo
tags: chuza, meneame, web 2.0, trangallada, nemigo karma: 186.00
votos de usuarios: 21, votos anónimos: 7

comentarios

  1. #1   

    Non penso que a publicidade na web sexa problema algún. Si aceptamos todos iso pois tamén temos que aceptar o emprego de adblock.
    Considero escandaloso o que dixo vai unhas semanas un web(on)master doutra web que está denunciado ca L$$I na man. Ise pobre home xustificaba ter a páxina inzada de publicidade porque tiña que pagar as denuncias (sic)
    A web 2.0 (web 6.9) é un escándalo, unha fraude. No caso concreto de chuza! polo sistema prostitutivo das votacións máis escandaloso é a menéame(la) en mans dos spammers

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 598 dias 8 horas 36 minutosNemigo
  2. #2   

    Home, non esperaba que isto fose recursivamente chuzable, pero bo ;)

    Xa che digo, Nemigo, que foi unha primeira impresión que me deran as túas críticas, pero posiblemente entendera mal. Aínda non me aclarei ben o que pasa, pero si, vexo que vai pola publi senón polo sistema das votacións. Penso que iso en definitiva lévanos a considerar que modelo de xestión hai en Chuza, se democrático, persoal, oligocrático, etc.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 597 dias 12 horas 58 minutoscasdeiro
  3. #3   

    Por certo, coa LSSI na man serían denunciables o 90% dos webs, iso téñoo máis que comprobado en moi diversas áreas no meu labor de consultor de proxectos en Internet.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 597 dias 12 horas 57 minutoscasdeiro
  4. #4   

    E outro por certo: se estades interesados nun sistema tipo chuza/Menéame/DiggIt... cunha orientación absolutamente democrática e aberta podedes botar unha man no proxecto DemoTicias que comecei eu, deixeino en mans de Democracia Directa Digital pero aí segue parado a falta dos primeiros usuarios e algúns axustes técnicos.

    www.demoticias.info
    www.d-3.info

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 597 dias 12 horas 17 minutoscasdeiro
  5. #5   

    E cal é a diferencia con chuza!(te) e menéame(la)?
    Certamente que boa parte das web incumplen a normativa vixente. Escudarse niso pra seguir a incumplir as leis...
    A min como usuario NON me corresponde atopar nen propoñer solucións, melloras ou axuste nesta páxina nen en nengunha. Hai un administrador e máis usuarios (uns con máis influencia que outros) que deberán ser quen de aportar (se queren e o consideran oportuno)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 597 dias 12 horas 11 minutosNemigo
  6. #6   

    opinión absolutamente persoal: eu penso que a posible falta dunha democracia "real" nestes proxectos, vai diminuindo cando vai medrando o número de usuarios.

    Poñamos por caso, é moito máis doado que se podan formar "oligarquías" (chamémoslles así) en Chuza ou Menéame! que en Digg.com.

    Pensamos que Chuza! ou Menéame! son proxectos "grandes", e ben, sono a nivel galego ou estatal, porque non hai unha experiencia previa de sitios deste tipo. Pero son infinitesimais en comparación con Digg.

    Segundo vaian medrando, a democracia irá aumentando, porque o control "oligárquico" será moito máis difícil.

    Xa digo, percepción absolutamente persoal...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por zavou hai 597 dias 9 horas 21 minutoszavou
  7. #7   

    o número de usuarios condiciona á comunidade?
    Obviamente é máis difícil influir e condicionar nun grande número de usuarios. Pero galiza é pequena. Sempre imos ser poucos. Por isa banda parece difícil atopar solucións.
    Por outra banda debería ser máis doado "dirixir" unha comunidade pequena como chuza!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 597 dias 9 horas 16 minutosNemigo
  8. #8   

    #7 e que é máis doado dirixila. Ese é o problema. Eu creo que isto non é moi distinto dun mercado.

    Só cando hai un gran número de empresas, todas elas pequenas, dase a competencia perfecta e todos xogamos en igualdade de condicións.

    Se diminúe o número de empresas encamiñaremonos cara situacións de oligopolio, competencia monopolística, e finalmente, monopolio.

    E si, Galiza e pequena. E tampouco se falamos a nivel estatal, Menéame pode ir moi lonxe. A parte de min, non coñezo moitos usuarios de Meneame. Colegas que miran as novas, pero non están rexistrados nin participan.

    Pero xa digo, dime ti se unha macrocomunidade como Digg.com é doada de dirixir. ¿Sabes a ...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por zavou hai 597 dias 9 horas 8 minutoszavou
  9. #9   

    menéame modificou moito o seu proxecto co tempo. Para nada ten que ver cos inicios: democracia participativa
    Agora é unha desfeita total. Unha especie de guerra entre o galli os spammers e un grupo medio caciquil e inútil que se adica entre outras cousas a mandar novas falsas a outras web como fixeron en fresqui
    Un usuario de a pe non pode enviar unha nova, as posibilidades de que chegue a publicada son case cero. E as "novas" son cut and paste publicados en blogs
    Ise é o obxectivo de chuza!? Ser o tendedeiro da mafia do fedello? Neso poderase convertir a portada de chuza!
    Existe alternativa a un futuro en más dos spammers?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 597 dias 9 horas 2 minutosNemigo
  10. #10   

    #9 bueno, eu adoito mandar novas en Chuza! e chegan a portada frecuentemente...

    e en Menéame!... bueno, unha chegou a portada... non está mal.

    E non estou en ningún lobby de presión, cando menos conscientemente xD

    En digg, basta botar unha ollada as descartadas para ver que o "filtro" democrático dos spammers funciona bastante ben. Pero iso é grazas o número de usuarios, claro.
    Se non, estou contigo, estos medios rematarán sendo ferramenta de promoción duns poucos, e quedarán lonxe do que prometen ser.

    Pero pode facerse, e Digg ten que ser un espello no que mirarse.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por zavou hai 597 dias 8 horas 55 minutoszavou
  11. #11   

    eu cheguei a ter en menéame(la) karma superior a 19
    Agora son os spammer quen teñen ducias, pode que centos de contas de usuarios zombi.
    Digg pode que teña un obxectivo fixado. Ser unha especie de rede social e pra iso traballan.
    Hacia onde vai menéame(la)? O galli decía vai pouco que menéame(la) era como un xogo.
    Que di bertiño de chuza? 8-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 597 dias 8 horas 51 minutosNemigo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]