www.agalega.info/videos/?emi=2156&corte=2008-04-01&hora=15:03:39&canle...
enviado por Galegoman hai 679 dias 13 horas 3 minutos, publicado hai 679 dias 6 horas 35 minutos
Tem havido discussões em Chuza sobre se o 1 de Abril é umha celebraçom própria galega, e os defensores do 28 de Dezembro argumentavam que é umha celebraçom britânica e celebrar esta data é passar do colonialismo espanhol ao britânico. Eis aqui umha prova de que o 1 de Abril é umha celebraçom galega.
comentarios
Recuperando as tradicións balcondesonhos.blogspot.com/2008/03/recuperando-as-tradicins.html
Meu pai facía o 1º de Abril hai 30 anos... "1º de abril, van os burros onde non teñen que ir" mui británico, si señor. Como o do Helloween que seica é tan británico que o meu avó materno xogaba cos "Calacús do medo" na noite de difuntos. A ignorancia éche así de valente e algúns descoñecen ainda o Atlántico, o noso grande distribuidor de lendas, mitos, danzas, música e costumes durante anos. Inglaterra, Galiza e moitas outras ribeiras.
www.agal-gz.org/modules.php?name=News4
Teño 50 tacos e de pequeno enviávannos aos nenos a recados absurdos e logo cantabannos aquelo de que 'o primeiro de abril van os burros a onde non deben de ir'. O mesmo que di Garrano con respecto á noite de difuntos nas que xogabamos a meterlle sustos á xente cun cabazo con luces dentro. Non me parece moi británico iso.
O 28 de nadal pasado puxérame a ler sobre o tema... e non sei se aquí se comezaron a facer bromas (de xeito expontaneo) polo troco de calendarios, como pasaba en Francia ou se o costume veu dalá... º
)
O que parece e que levan moitos anos facéndose, polo que non vexo mal que se fagan... a fin de contas a gaita veu das estepas do leste e é un dos símbolos da nosa cultura
º Non é por amolar, mais non sei se tamén lle pasaría o mesmo ó 28 de nadal, polo que non o vou tomar como un signo de dominación cultural española (todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario