resultados da búsqueda "especulación"

ordear por: coincidencia data importancia

España non respecta os dereitos humanos respecto á vivenda

As Nacións Unidas alertan sobre a especulación urbanística desenfrenada financiada con diñeiro público en España Máis...

O mapa da especulación urbanistica

O mapa da especulación urbanistica Máis...

A ONU insta a España a frear a especulación urbanística

A ONU insta a España a frear a especulación urbanística
Miloon Kothari, relator da ONU polo Dereito a unha Vivenda Adecuada, apresurou onte ás autoridades españolas a tomar medidas contra a especulación urbanística, se non queren chegar a unha situación onde sexa imposible a aplicación das leis adoptadas por parte do Goberno e algunhas Autonomías en materia de vivenda. Máis...

Cargos do PP en especulación urbanística

Cargos do PP en especulación urbanística
O grupo municipal do PSdeG de San Cibrao das Viñas (Ourense) denunciou unha suposta armazón empresarial de cargos do PP neste concello ourensán en "negocios de especulación urbanística", segundo afirmou o voceiro socialista, Eladio Fernández. Eladio Fernández insistiu en que o grupo de goberno neste Concello, do PP, e especialmente a alcaldesa, Elisa Nogueira, e o tenente de alcalde, José Méndez, "priman os intereses privados dalgúns empresarios e colaboradores" en detrimento dos 'intereses xerais dos veciños' deste municipio Máis...

Feismo e especulación

Non e que o feismo, exista porque os galegos teñamos uns pésimos gustos estéticos ou non teñamos xeito de facer as cousas, o feismo e a consecuencia da especulación urbanistica que xera un caos nas administracions que non teñen medios de organizar os espazos. Máis...

Non á especulación, a auga é de todos

Onte 7 de xaneiro pola noite tivo lugar a asemblea composta por máis de quince organizacións que compoñen actualmente a plataforma leonesa contra a privatización do auga. Á reunión tamén asistiron outras asociacións convidadas ao acto, co fin de oír as explicacións que a Plataforma ofreceu sobre a escandalosa "semiprivatización" do 49% do eficiente e saneado Servizo Municipalizado de Augas que o equipo de Goberno do Concello de León (PSOE-UPL) aprobou no pleno do 23 de decembro de 2008, con carácter de urxencia. Máis...

Vídeo denuncia : Galiza non se vende - Vigo en Subasta Permanente !

A Ría de Vigo xa non pode máis... a especulación segue imparable mesmo en campaña electoral...! Temos moitas razón para Manifestarnos en Santiago pola Defensa do Territorio! Galiza Non se Vende ! Pero Vigo está en Subasta Permanente !!! Máis...

Publicidade nas inmobiliarias

Esta noticia aparecia hoxe no xornal ,la voz de galicia nas primeiras paxinas . "MAGNIFICA INVERSION ,si quiere comprar para invertir , al terminar la promoción , nosotros se lo vendemos a traves de nuestra inmobiliaria" Máis...

A dignidade dun barrio unido

A loita dos viziños do barrio de Pajarillos (Valladolid) contra o narcotráfico, a corrupción e a especulación. Máis...

Nova especulación nos sectores produtivos, co aval da consellaría

Como xa sucedera coas cotas lácteas, atopamos novamente, un sistema especulativo cos recursos dos sectores produtivos; neste caso co marisqueo. O patrón maior de Corme denuncia que se conseguen permisos de explotación para logo ser revendidos con amplas plusvalías e sen ter que lixarse as mans nin partir o lombo; e todo isto avalado pola Consellaría de Pesca. Máis...

Coas cousas de comer non se xoga

Artigo de Xavier Vence: "estamos entregados á ideoloxía liberalizadora, promovida polas corporacións que ambicionan controlar todos os mercados de materias primas alimenticias e as grandes cadeas de distribución que dominan os mercados de consumo. A crise alimentar do último ano, coa espectacular especulación que duplicou os prezos mundiais do trigo, o arroz, o millo e a soia en apenas uns meses, obrigou a repensar os riscos derivados de poñer o abastecemento alimentar en mans do libre xogo do mercado, especulación incluída. Máis...

Sigüeiro mon amour: Reflexións visuais sobre a desfeita urbanística

Reflexión visual e links relacionados co feísmo. Sigüeiro é unha vila na periferia compostelán, que ao igual que outras bisbarras do país vive imersa nun proceso de especulación urbanística. Máis...

A Ría non se vende presentará un recurso contra o PXOM de Moaña porque se basea na "especulación"

A Ría non se vende presentará un recurso contra o PXOM de Moaña porque se basea na "especulación"
A Ría non se vende anunciou mediante un comunicado que presentará un recurso contencioso-administrativo contra o PXOM de Moaña porque aseguran que se basea na "especulación". Así o colectivo explica no comunicado que o PXOM de Moaña especula "nun desenvolvemento insostíbel" e denuncian que "este documento, aprobado provisionalmente, non foi exposto a unha nova información pública a pesares das modificacións substanciais realizadas". Máis...

Venezuela implementará un plan ofensivo contra a especulación e a plusvalía

Venezuela  implementará un  plan ofensivo contra a especulación e a plusvalía
[C-P]O Goberno bolivariano implementará un plan nacional contra a especulación e a plusvalía,non defensivo,senón ofensivo,dirixido a todos os sectores das pequenas e grandes economías.Así o anunciou este domingo o presidente da República,Hugo Chávez Frías,quen virou instrucións ao seu equipo de Goberno para que se apresten a elaborar pronto este plan,a fin de protexer á poboación venezolana.... Máis...

A especulación destrue Cedeira

Pretendese construir 2200 vivendas en 22000m cadrados, co visto e prace do concello desta localidade, destruindo un entorno ecolóxico incomparable e duplicando sobre o papel a povoación total desta vila, da noite a mañan, curiosamente este asunto quere se-lo legado do alcalde do pp, que se estima sairá derrotado nas vindeiras eleccions municipais. Máis...

Que é o que queren os mozos do 'pásao' inmobiliario

Uns protestan polos prezos da vivenda; outros para criticar a especulación; moitos pola escasa oferta de pisos de protección... Todos porque aspiran a un fogar digno. Máis...

Valdoviño, último éxito na loita contra a especulación

Valdoviño, último éxito na loita contra a especulación
O Concello decidíu paralizar unhas obras coa intención de construír unha urbanización na praia da Frouxeira, zona de especial protección - chuza.org/historia/valdovino-frea-a-urbanizacion-de-punta-frouxeira/ -. Con esta decisión, o goberno local (TeGa) paraliza as obras iniciadas no 2006 pola empresa "Construcciones Gallegas, S.A." e inicia ademais o proceso de modificación das Normas Subsidiarias de Valdoviño coa intención de adaptalas á realidade vixente en materia de protección ambiental e patrimonio. Máis...

Nigrán: Da especulación á vivenda protexida

A Consellería de Vivenda expropiará a finca Reboleira en Nigrán para construir 313 pisos protexidos. Xente vinculada ao Celta de Vigo e a firma Mario Puentes agardaban que o plan xeral que promovera o PP recalificara eses terreos e así forrarse. Máis...

Folga de aforros contra a especulación inmobiliaria

C+P: "El día 3 de cada mes o siguiente día hábil, en protesta contra los especuladores y políticos que han conseguido convertir la vivienda en un bien de lujo acaparable, en un objeto de inversión para enriquecer a unos pocos, en vez de ser un bien social común como establece la Constitución, RETIRADA DE AHORROS de los bancos y cajas." Máis...

Universiada 2013 en Vigo, Are we ready?

Universiada 2013 en Vigo, Are we ready?
"Infraestructuras faraónicas, Corrupción Urbanística, Especulación, Destrucción do territorio, Precariedade laboral, Desinformación, Control social… Elas xa están preparadas… ¿E nós?" Artículo asinado polo Grupo de Axitación Social e a A.C. Caleidoskopio no que se crítica o proxecto da Universiada que políticos e empresarios vigueses pretenden traer a cidade no ano 2013 e que supora un grande impacto social, económico e medioambiental para Vigo. Máis...

Mapa da especulación (Ecologistas en Acción) -Caso Pontedeume

O Concello de Pontedeume acumula nestes momentos un gran número de infraccións urbanísticas. Nos últimos anos proliferaron a edificación en zonas de protección costeira. Desde a Dirección Xeral de Urbanismo instouse ao Concello a suspender obras na praia de Ber (Centroña) e en Boebre. Algunhas das licenzas foron concedidas con informes negativos da secretaria do Concello. Máis...

Especulación galega á toma de Cabo Verde

Unha delegación de empresarios da comarca de Vigo irá a semana que ven ao "Caribe africano" para mirar uns terreiños. Mais a invasión xa comezou. Construtoras e inmobiliárias miran cara ista compañeira da galeguia cos dentes longos. Máis...

A Xunta relaxa as sancións contra os especuladores

A drástica relaxación nas penalizacións às empresas que compren solo industrial e non o destinen aos usos e no calendario previstos abre portas à especulación co solo así adquirido. Ata agora penalizabase un 20% do prezo si a parcela non se destinaba ao uso previsto na adxudicación e a partir de agora será do 5% e só "en el caso de que dicho aspecto fuese tenido en cuenta en la adjudicación" Máis...

Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM e a especulación

Isto non é autobombo é a primicia da noticia do acontecido na Manifestación de Nigrán convocada polas AAVV de Nigrán. Consultade galería de imaxes. A policía calcula que serían entre 3000 e 4000 o masnifestantes que discorreron pola Avda. Val Miñor de Nigrán manifestándose en contra do PXOM que quería aprobar o goberno de Nigrán. Todos os representantes e veciños das parroquias de Nigrán acodiron hoxe en masa para pedir a dimisión de Alfredo Rodrgiuez e Avelino Fernandez. Máis...

Ourense obrigará a edificar os solares urbanizables nun prazo de dous anos

Ourense obrigará a edificar os solares urbanizables nun prazo de dous anos
O concello de Ourense creará un Rexistro de solares que obrigará a edificar nos mesmos nun prazo de dous anos desde a súa inscrición, co "fin de impedir a especulación", asegurou a edil de Urbanismo, Áurea Soto. Ademais, a ordenanza estipulará un período de dous anos antes de que os propietarios de edificacións declaradas en ruínas ou paralizadas sexan obrigados a proceder á súa rehabilitación, demolición ou reconstrución forzosa. Máis...

Ocaso e funeral do imperio Veneziano

Ocaso e funeral do imperio Veneziano
www.lavanguardia.es/internacional/noticias/20091114/53823916897/venecil A idealizada Venesia/Venezia vai ter o seu funeral este sàbado para denunciar a perda de moradores nos ùltimos 40 anos, que pasaron de 120000 a 60000, transformando o imperio case nunha vila. Ratas, cheiro, pombas, especulaciòn urbanìstica, alagamento, turismo masivo.. son algùns dos problemas que fan esmorecer a cidade. Fican tan poucos venecianos que o Instituto Worcester Polytechnic de Massachusetts vai estudar o seu ADN.. Máis...

Veciños de Cangas mobilizados contra especuladores

A pé do mar de Cangas acontece unha loita que non ten transcendido abondo fóra do contorno da propia ría de Vigo, malia ofrecer exemplo do que veciños e políticos locais cualifican como unha clara aplicación "das receitas da especulación". O caso xorde do cambio de uso industrial a residencial dun conxunto de terreos a pé de mar nun espazo de privilexio, onde un convenio con moitas "sombras", bota para adiante a posibilidade de construír un milleiro de vivendas, un hotel, un centro comercial e un porto deportivo. Máis...

As AA VV de Nigrán rechazan as acusacións e denuncian que foron intimidados onte nos seus domicilios

O Portal do Val Miñor continúa a sua exemplar laboura informativa da revolta popular contra a aprobación do PXOM. As AA VV reprochan a actitude da policía local que actuou dun xeito desmesurado contra a vencindade, e denuncian que foron intimidados onte nos seus domicilios por axentes locais. E se facedes unha busqueda no portal, de "Avelino", "Alfredo", "PXOM" ou "especulación" veredes unha boa panorámica do Val... Máis...

Chega a autovía: Chegan os especuladores

Ainda antes de que remate a autovía Ourense Santiago, cando os PXOU dos pequenos Concellos de Punxín e Maside aínda están sendo elaborados, xa hai xente que sabe onde van ir os "parques industriais" e tratan de especular con o solo. Por encima, queren colocar neles as plantas de reciclaxe de RSU (Reiduos Solidos Urbanos), que rexeitan en Carballeda de Avia e no resto da Comunidade. En lugar de vender e valorizar a natureza destes lugares recónditos, pretenden levarlles os residuos de todo o sur de Galicia. Máis...

Tramas eólicas (do deus Eolo)

Un interesante percorrido ó longo do 2002 ó 2005 da corrupción nas concesións e aproveitamento dos recursos naturais. Máis...
« anterior123456» seguinte

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]