resultados da búsqueda "Partido Galeguista"

ordear por: coincidencia data importancia

Política friqui: o Partido Galeguista de Finlandia

Líbreme dios de apoiar o conservador Partido Galeguista, pero hai que recoñecerlles que son o partido máis friqui de todos os galegos. Teñen un líder que profesa as relixións afroamericanas, e ademais a primeira delegación aberta no mundo da emigración non a poñen en Suíza ou Arxentina, coma o resto, senón en Finlandia. Pra negociar directamente con SantaClaus, supoño. Máis...

O Partido Galeguista e Coalición Galega na manifestación do 18

c+c No marco do proceso de ‘reflexión conxunta’ que iniciaron o pasado 4 de setembro o Partido Galeguista (PG) e Coalición Galega (CG), ambas as dúas formacións acordaron apoiar as iniciativas da plataforma ‘Queremos Galego’ en defensa da lingua e confirmar a súa presenza na manifestación do 18 de outubro. Máis...

Hoje é o dia da constituição... do Partido Galeguista (do de verdade)

Hoje é o dia da constituição... do Partido Galeguista (do de verdade)
C+C: «Nom toda a gente sabe da VII Assembleia Nacionalista convocada para os dias 5 e e 6 de Dezembro de 1931, nom é de estranhar porque esta VII Assembleia converteu-se o 6 de Dezembro na Assembleia constituinte do Partido Galeguista; assim pois o 6 de Dezembro celebramos também a nossa constituição, a constituição do Partido Galeguista [...]. A Nosa Terra que fora órgao da Irmandade da Fala da Corunha converteu-se em porta-voz do Partido Galeguista. ». Máis...

Francisco López 'Chesqui' será candidato a presidir o Partido Galeguista

"Un Partido Galeguista que sexa a formación política na que se sintan identificados os sectores produtivos deste gran país que é Galiza: os mariñeiros, os mariscadores e mariscadoras, os gandeiros, etc. Temos que ser quen de darlle unha solución ao gravísimo problema que están padecendo miles de explotacións gandeiras devido a baixa nos prezos da leite, pola competencia dos propios países da Comunidade Europea". Máis...

Pseudo-Partido Galeguista defende o seu 'galeguismo' em língua castelhana

O pseudo-Partido Galeguista de Manoel Soto defende na Corunha e em Ourense um 'galeguismo' expressado através da reivindicação da língua castelhana, com os seus candidatos a estas duas urbes denunciando a "imposição do galego" e reclamando o modelo Ciudadanos de Cataluña. Isto, para lá de romper unilateralmente com o que é o galeguismo, supõe luxar (ainda mais) as siglas do Partido Galeguista. // Rel.: chuza.org/historia/manoel-soto-reivindicase-como-galeguista/ Máis...

Interesante análise do resultado eleitoral, polo Partido Galeguista

Tod@s sabemos que tras unhas eleccións todas as forzas políticas se declaran gañadoras, pero ningunha o fai coa finura do PG, que tras obter a "enorme" cifra de 10 concelleir@s (perdendo os 2 que tiña en Vigo)declara alegremente que duplica a súa representación pasando a estar presente no triple de concellos e en tres das catro provincias. Iso é optimismo. Máis...

O "Partido Galeguista" reclama a anulación do xuizo a Bóveda

O presidente do "Partido Galeguista", Manuel Suárez, nunha carta ao xuiz Garzón, solicita que, no proceso de reparación da imaxe das vítimas da represión da guerra e a post-guerra, tome as iniciativas oportunas pra anular o xuicio que condeou a morte a Alexandre Bóveda, destacado membro do noso partido. Xunto con Bóveda, cómpre restituir a memoria de tantos galeguistas a quenes lles quitaron a vida por defender o recoñecemento político da nosa identidade nacional galega; pra chegar onde estamos algúns dérono todo: a súa vida. Máis...

Denuncia que o Partido Galeguista inventa citas no seu nome

O pasado día 12, na publicidade do Partido Galeguista da Voz, incluíase unha frase completamente inventada de David Paz Lafuente, un licenciado en filoloxía galega, na que se utilizaba o seu nome para menospreciar a lingua galega. Máis...

Carlos Marcos deixa o Partido Galeguista e podería entrar en Terra Galega

O aspirante á Alcaldía coruñesa polo Partido Galeguista nas últimas eleccións municipais, Carlos Marcos (o mesmo que tiña seguidores que falaban da página de desinformación del BNG Chuza!: chuza.org/historia/os-que-fan-politica-co-odio/) podería desembarcar co seu coruñesismo en Terra Galega, formación coa que recoñece ter puntos coincidentes. Máis...

Estatuto: Partido Galeguista propom "Reino de Galiza"

Quando ainda nos estávamos a recuperar do trauma da "Naçom de Breogám" e do freixo como árvore nacional, chega a proposta do Partido Galeguista, que propom a denominaçom "Reino de Galiza"; a proclamaçom de Joám Carlos de Bourbon como rei, com o dever de falar galego; a criaçom da província de Vigo; ou o canto do hino com as dez estrofes. Máis...

Partido Galeguista: o último que peche a porta?

Partido Galeguista: o último que peche a porta?
A formación suspende temporalmente de militancia o ex secretario xeral Manuel Soto ao que acusa de negociar baixo corda a entrada na coalición “Máis Galicia” cun partido 'pantasma'.A baixa temporal prodúcese despois de que medio cento de militantes da organización (entre os que se atopan sete concelleiros e a inmensa maioría dos afiliados) presentasen un escrito acusando a Soto e a Varela de manobrar para meter ao PG na coalición “Máis Galicia”. Máis...

O singular inglês do “Partido Galeguista”

O dito Partido Galeguista não deixa de surpreender, agora com a sua página em inglês trapalheiro. Atenção ao banner "Click to redirect him website". Também há uma "galeguista proposal" (sic) de Estatuto de Reino de Galiza (com Rei e Galician Royal Household incluídos). Via statistics.betanzos.biz/betanzos/galicia-calidade/ Máis...

Terra Galega e Partido Galeguista ultiman a súa converxencia electoral

Terra Galega e Partido Galeguista ultiman a súa converxencia electoral
Terra Galega e Partido Galeguista están a piques de pechar un acordo electoral para as vindeiras eleccións autonómicas. Os promotores da iniciativa queren presentar no mes de xuño o proxecto diante da opinión pública. Antes hai que atar os últimos cabos soltos. O principal punto que falta por pechar é decidir o nome dos responsábeis provinciais da nova formación, estes mesmos serían os encargados de liderar as listas ao Parlamento, e eis a principal discrepancia. Con todo, o pacto dáse por seguro. Máis...

'Míticos 70' arroupam a apresentaçom do candidato do Partido Galeguista a alcalde da Corunha

O auditório do Palexco corunhês foi o cenário da festa-comício de apresentaçom da candidatura do Partido Galeguista às próximas eleiçons municipais. 1.500 pessoas assistírom a um recital de corunhesismo trash que incluíu um concerto de estrelas do pop espanhol dos anos 70 do século passado, como Micky ( El chico de la armónica ), Jeannette ( Soy rebelde ) ou Tony Roland ( ¡Help, ayúdame! ). Máis...

Antigos dirixentes do PP traman unha escisión de centro galeguista

Será verdade? Ou será un novo intento de xogar coa pantasma reverenciada de Coalición Galega sen acabar de presentarse? Despois de anos de non existir o centro galeguista, agora tres forzas disputan a súa existencia: Terra Galega (ex-PP), Partido Galeguista (ex-PSOE + friquis) e esta escisión do PP da que fala La Voz de Galicia. Máis...

Xa arriba a web electoral de Máis Galicia

Xa arriba a web electoral de Máis Galicia
A coalición electoral entre o Partido Galeguista e Terra Galega (facción auténtica) xa ten web e dominio. Pero a información que ofrece a candidatura que encabeza Xermán Tobío é 0. Máis...

Coalición Galega?

Terra Galega e Partido Galeguista fan piña entorno ás siglas Coalición por Galicia para as vindeiras eleccións ao parlamento autonómico do 2009. Non descartan posíbei pactos con UPyD e Cidadáns, e aproveitan para dicir que van superar ao BNG: «Cuando nos presentamos con Coalición Galega, nosotros sacamos 11 parlamentarios y el BNG, con Beiras, que me parece mejor candidato que Anxo Quintana, se quedó con uno solo», Máis...

O Partido Galeguista celebra o día da Galiza Mártir

O vindeiro xoves 17 de agosto, en Pontevedra, o Partido Galeguista honrará a memoria de todas as personas que deron a súa vida por Galiza cunha ofrenda floral no monumento a Alexadre Bóveda e un acto no ceminterio de San Mauro. Máis...

Carlos Marcos: "O nome A Coruña é unha barbaridade"

Que quen é Carlos Marcos?? pois candidato á alcaldía da Coruña. Por que partido?? Pois polo Partido Galeguista... Di tamén: "Eu levo toda a vida chamándolle La Coruña, pero recoñezo e asumo a legalidade vixente"... non sigo escribindo que me veu unha arcada, perdoade. Máis...

"É Aznar máis galeguista que Feijoo?", ironiza a Mesa

Á luz dese traxecto andado, pregúntanse con retranca desde A Mesa pola Normalización Lingüística "se Aznar será máis galeguista que Feijoo", laiándose de que o Goberno presidido polo líder do PpdeG "está a vulnerar conscientemente este tratado internacional subscrito polo ex presidente español do seu partido". Máis...

'Míticos 70': presentación oficial da candidatura do Partido Galeguista á alcaldía da Coruña

O aspirante á Alcaldía coruñesa polo Partido Galeguista, Carlos Marcos, presentará oficialmente a súa candidatura cun concerto de música no que reunirá a algúns dos artistas que triunfaron na década dos anos 70 do século pasado. Jeanette, Tony Ronald, Miki e Lorenzo Santamaría actuarán en 'Míticos 70', o festival co que Marcos dará a saída á súa carreira electoral cara aos comicios do 27 de maio. O recital de música celebrarase en Palexco o 9 de marzo ás 20.00 horas. Máis...

A construçom da comunidade nacional na Galiza dos anos 20 e 30

A construçom da comunidade nacional na Galiza dos anos 20 e 30
Durante os anos 20 e 30 o Partido Galeguista não era SÓ um partido. Também, e seguramente é o que mais o diferencia do nacionalismo parlamentar de hoje, estava a levar a cabo um amplo projecto de construção nacional, frustado prematuramente pola terrível matança do 36. De imprensa em galego até excursões para conhecer o país, passando por instituições científicas, de melhora agrária, etc., e tudo isso à margem do Estado e sem chorar por nenhuma subvenção. Máis...

Panfleto do Partido Galeguista para as municipais 2007

Carlos Marcos segue intentando gañarse ao público coruñés: "Reclamo la libertad de todos para hacerlo en gallego o en castellano y reclamo mi libertad para hacerlo en castella y sentirme, por supuesto, un buen gallego, quien no lo entienda, no entiende el sentir de muchos coruñeses". Olé. (Vía: diariodumsuevo.blogspot.com/2007/01/galeguista.html) Máis...

Pousa Antelo non quere que o 'novo' PG utilice o seu nome

Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, quere desvincularse por completo da actual encarnación do Partido Galeguista (PG), encabezada polo escritor Xabier González Sotelo (presidente) e polos políticos independentes Manoel Soto (secretario xeral) e Francisco López Chesqui (vicesecretario xeral), porque considera que a súa reactivación destas "siglas sagradas" só obedece "ó desexo de medrar persoalmente". Máis...

Terra Galega logra impugnar o congreso en que Padín saíu reelixido presidente

O coordinador xeral de Terra Galega (TG), Xoán Gato, celebrou este sábado as medidas adoptadas polo Xulgado número 3 de Instrución de Compostela, que impugnou o congreso organizado por un "sector minoritario" do partido o pasado 12 de xullo e no que Pablo Padín saíu reelixido presidente. Xoán Gato recordou que "cinco ou seis persoas secuestraron o partido" e anuncia que xunto con Partido Galeguista e outras agrupacións locais conformarán "unha cuarta vía necesaria en Galiza". Máis...

Para Feijoo o PP é o único partido galeguista

Feijóo irrompeu onte por sorpresa no mitin de Rajoy en Ribeira, onde fixo un eloxio do galeguismo e proclamou que Galiza é o que lle move e a súa razón para estar en política. Foi máis aló e veu situar s súa formación como a única galeguista. Fronte aos chamamentos do líder do BNG, Anxo Quintana, para que lle apoien nacionalistas e non nacionalistas, Feijóo advertiu de que os galeguistas están no PP e concluíu que vos nacionalistas estarán noutro sitio Máis...

Carlos Marcos e Rodríguez Corcoba fundan un novo partido, Unión Coruñesa

Carlos Marcos, ex membro do Partido Galeguista, e Fernando Rodríguez Corcoba, ex membro do PP, uníronse para fundar un novo partido a Unión Coruñesa, cuxa principal meta é que a cidade herculina recupere o "peso político" que , segundo eles, perdeu tras un ano de goberno municipal conxunto entre o PSOE e o BNG. Máis...

Bom Dia da Constituiçom - seioque

Bom Dia da Constituiçom - seioque
Mais um 6 de Dezembro, os galegos e as galegas unimo-nos, emocionados, para comemorarmos a data que nos faz ser mais nós. Referimo-nos, como nom podia ser doutro jeito, ao Dia da Constituiçom. E é que tal día coma hoje, hai já 78 anos, uns homens bem peiteados e melhor vestidos constituiam em Ponte-Vedra o Partido Galeguista. Para abrir boca, pediam a "Autodetermiñación da Galiza". Logo, coma o nosso Ezequiel Mosquera, "vamos indo, vamos vendo". Máis...

Outro partido popular é posible?

Artigo de Rafael Cuiña no que avoga e dá as claves argumentais para que o PP recupere, de certo, o discurso centrista e "se alonxe da influenza de FAES" e que o PPdG recupere "os signos de identidade galeguista no partido" o que "sería fundamental para que algún día poidan voltar a liderar a sociedade galega". Máis...

TG e PG(falso) chamaron á porta de UPyD para pacto electoral

Resposta negativa de UPyD e confirmación de que Carlos Marcos non fora só unha anécdota e de que non existe unha dereita galeguista sen representación política Máis...

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]